Queremos Galego pídelle ao Presidente da Xunta que defenda a Galiza e a súa lingua

0
154
queremos galego Maceira

Marcos Maceira: «Queremos que o presidente da Xunta defenda a Galicia e ao galego da nova campaña contra o uso do galego como lingua vehicular no ensino xurdido nos últimos días a nivel estatal. dun texto legal que di que ‘as administracións educativas garantirán o dereito dos estudantes a recibir educación en español e noutras linguas cooficiais nos seus respectivos territorios’».

«Menten e manipulan para atacar a oficialidade do galego», asegura o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, «ou é oficial unha lingua que non se permite como vehicular nas aulas?». 

«Feixoo sabe que diga o que dixer a lei estatal», engade Maceira, «quen pode regular o uso do galego é a Xunta e el mesmo decidiu unilateralmente impor por decreto graves restricións ao seu uso, contra todas as entidades do ensino, a sociedade e múltiples e masivas manifestacións e mesmo o Consello de Europa, a última vez en decembro do ano pasado».

A este respecto, o presidente da Mesa recorda que o Conselleiro de Educación nunca respostou á solicitude de xuntanza que lle fixo a entidade de defensa da lingua para presentarlle a proposta de bases para a normalización do ensino feita en xuño pola representación maioritaria do profesorado (CIG Ensino, STEG, CISF), as ANPAS Galegas, os movementos de renovación pedagóxica e a propia Mesa. 

«A primeira obriga do presidente da Xunta é defender Galiza e a súa lingua», di Maceira.

«Se o que quere Feixoó é facer oposición ao goberno do Estado», engade, «ten motivos de sobra para faceloo exercendo de verdadeiro presidente, poñéndose do lado da sociedade galega cando ésta lle reclama ao Ministerio de Ciencia que deixe de vetar os traballos académicos en galego nos seus premios e recoñecementos, a TVE que emita os seus contidos dobrados ou lexendados ao galego ou ao SEPE que permita facer xestións no idioma de Galiza».

«Tampouco vimos a Feixoó pedir que a aplicación para alertar da Covid estivese tamén en galego», recorda, «ou exercendo as competencias da Xunta para que o teléfono da COVID atendese en galego ou dirixíndose el mesmo en galego á cidadanía».

«Preferiu usar a COVID contra o galego e vez de combatela», remata.

Los editores de Aquí Madrid valoran las informaciones y artículos recibidos en la redacción con criterios profesionales y tienen la obligación de cumplir con la política editorial del periódico sobre buenas prácticas profesionales.

Deja un comentario